Ola a todos/as. Aínda que cun pouco de retraso.
Despois de moito traballo, organización, e moitisimas gañas, o pasado dia 26 de Maio celebramos o IV Campionato de Karate de Valga.
Participaron clubes como Bushi-Kai, S.Francisco Teo, Club Hércules, Cluny, Avalon Kai, Akai-ryu, Karate-do Carballo, Shorinji e nós por suposto. Agradecemos a todos os clubes e aos seus representantes a súa axuda, en especial a Jorge Barros do Hércules.
Dicir que os nosos/as competidores fixéronno moi ben, aínda que o listón foi moi alto. De seguido citamos aos que conseguiron algún posto no podio:
Modalidade Kata:
-Benxamín F. Alicia Iglesias Quintáns 1º e Naima Aynaoui Tobío 3º
-Alevín F. Iciar Lorenzo González 3º
-Xuvenil F. Ana Otero Losada 3º e Candela Rodríguez Devesa 3º.
-Xuvenil M. Eugenio Dios Castroagudín 3º
-Cadete M. Nicanor Otero Losada 3º
Modalidade Kumite:
-Xuvenil F. Lixeiros: Ana Otero Losada 2º e Candela Rodríguez Devesa 3º
-Xuvenil F. Pesados: Antía Varela Río 2º.
-Cadete F. Lixeiros: Nerea Guimarey Abril 2º
-Cadete F. Pesados: Iria Varela Río 2º e Lara Álvarez Fernández 3º
-Cadete M. Lixeiros: Adrián Castiñeiras Lorenzo 3º
-Cadete M. Pesados: Nicanor Otero Losada 2º e Ismael Fuentes Sánchez 3º
Parabén a todos e todas. Sodes uns verdadeiros campións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario