sábado, 10 de noviembre de 2012

Campionato en Teo

Ola karatekas. De novo por aquí para informar que mañán temos competición.
A Agrupación Galaika invitounos ao campionato de kumite que organizan e que terá lugar mañán en Teo. Do noso clube participarán os competidores/as das categorías máis altas, xuvenís, cadetes e xunior.
Esperamos que teñan sorte e disfruten da xornada.

martes, 30 de octubre de 2012

Campionato Galego Cadete, Junior e Sub-21

Ola de novo Karatekas. Vimos do verán con forzas renovadas e que mellor maneira de demostralo que quedando no segundo lugar en Kumite Junior -55 kg?
Pois si, esta fin de semán tivo lugar o Campionato Galego Cadete, Junior e Sub-21, en Ferrol, e debido ó número de licenzas, somentes poideron participar dous competidores, Lara Álvarez  e Adrián Castiñeiras.
Lara no tivo sorte cas súas contrincantes pero Adrián, a pesares de mancarse no primeiro combate e ter un esguince dos bós, conseguíu o segundo posto na súa categoría e peso.  Parabéns Campión.

viernes, 27 de julio de 2012

Ola Karatekas, aínda que esteamos de vacacións seguimos por aquí. Lembrade que mañán día 28 de Xullo teremos a tradicional comida en San Cibrán. A partires das 14:30 xa estaremos por alí e esperemos que non faga mal tempo. De tódolos xeitos pasarémolo tan ben coma sempre.
Deica mañán!

sábado, 16 de junio de 2012

Ola de novo, vimos cos resultados do XII Trofeo Cidade de Santiago. Os nosos/as competidores/as fixéronno xenial. Aos que non lles acompañou o medallero darlles a noraboa por participar e superarse e aos que conseguiron algún posto no podio, parabéns e a seguir así.

Categoría Xuvenil Feminino Kata e Kumite
- Ana Otero Losada  3º Kata e 2º Kumite Lixeiros
- Andrea Gestoso Castroagudín 3º Kata
- Candela Rodríguez Devesa 2º Kumite Pesos Medios

Categoría Xuvenil Masculino
- Eugenio Dios Castroagudín 3º Kumite

Categoría Infantil Feminino
- Lorena Álvarez Fernández 3º Prekumite

FELICIDADES A TODOS E TODAS!!

sábado, 9 de junio de 2012

XII TROFEO CIDADE DE SANTIAGO

Hoxe sabado 9 de Xuño, terá lugar o XII Trofeo Cidade de Santiago a partires das 16:30 h no Pavillón de Pontepedriña. Nós participamos con sete competidores que intentarán traer algún trofeo. Ánimo a todos e todas e esperemos que haxa sorte!

CAMPIONATO DE VALGA

Ola a todos/as. Aínda que cun pouco de retraso.
Despois de moito traballo, organización, e moitisimas gañas, o pasado dia 26 de Maio celebramos o IV Campionato de Karate de Valga.
Participaron clubes como Bushi-Kai, S.Francisco Teo, Club Hércules, Cluny, Avalon Kai, Akai-ryu, Karate-do Carballo, Shorinji e nós por suposto. Agradecemos a todos os clubes e aos seus representantes a súa axuda, en especial a Jorge Barros do Hércules.
Dicir que os nosos/as competidores fixéronno moi ben, aínda que o listón foi moi alto. De seguido citamos aos que conseguiron algún posto no podio:
Modalidade  Kata:
-Benxamín F. Alicia Iglesias Quintáns 1º e Naima Aynaoui Tobío
-Alevín F. Iciar Lorenzo González
-Xuvenil F. Ana Otero Losada 3º e Candela Rodríguez Devesa 3º.
-Xuvenil M. Eugenio Dios Castroagudín
-Cadete M. Nicanor Otero Losada
Modalidade Kumite:
-Xuvenil F. Lixeiros:  Ana Otero Losada 2º e Candela Rodríguez Devesa
-Xuvenil F. Pesados:  Antía Varela Río 2º.
-Cadete F. Lixeiros: Nerea Guimarey Abril
-Cadete F. Pesados: Iria Varela Río 2º e Lara Álvarez Fernández
-Cadete M. Lixeiros: Adrián Castiñeiras Lorenzo
-Cadete M. Pesados: Nicanor Otero Losada 2º e Ismael Fuentes Sánchez
Parabén a todos e todas. Sodes uns verdadeiros campións.

                  

lunes, 30 de mayo de 2011

Resultados do III Campionato de Karate de Valga

En primeiro lugar, felicitar a todos os participantes do noso club que o fixeron moi ben e en especial a aqueles e aquelas que conseguiron algúns dos postos de honra que foron moitos/as.
 Na modalidade de Kata e por categorías:
- BENXAMÍN
Masc: Brais Mariño 2º e Samuel Aragunde 3º.
Fem:  Iciar Lorenzo 1ª e Alicia Iglesias
- ALEVÍN
Masc: Iván Fuentes 2º.
Fem: Valeria Gómez
- XUVENIL
Masc: Pablo Iglesias
- CADETE
Masc: Ismael Fuentes
Fem:  Iria Varela  3º
Na categoría de Kumite:
- XUVENIL fem: Ana Otero Losada
- CADETE fem: Lara Álvarez 2º e Iria Varela

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!