lunes, 30 de mayo de 2011

Resultados do III Campionato de Karate de Valga

En primeiro lugar, felicitar a todos os participantes do noso club que o fixeron moi ben e en especial a aqueles e aquelas que conseguiron algúns dos postos de honra que foron moitos/as.
 Na modalidade de Kata e por categorías:
- BENXAMÍN
Masc: Brais Mariño 2º e Samuel Aragunde 3º.
Fem:  Iciar Lorenzo 1ª e Alicia Iglesias
- ALEVÍN
Masc: Iván Fuentes 2º.
Fem: Valeria Gómez
- XUVENIL
Masc: Pablo Iglesias
- CADETE
Masc: Ismael Fuentes
Fem:  Iria Varela  3º
Na categoría de Kumite:
- XUVENIL fem: Ana Otero Losada
- CADETE fem: Lara Álvarez 2º e Iria Varela

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!
Ola outra vez, voltamos con noticias, xa que este fin de semana celebramos en Valga o III Campionato de Karate de Valga. Temos que agradecer ante todo aos clubs a súa presenza. Os clubes que participaron foron:
  • Bushi-Kai
  • San Francisco Teo
  • Cluny
  • Hércules
  • Avalon-Kai
  • Karate-do Carballo
  • Karate de Valga
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa participación.

domingo, 10 de abril de 2011

CAMPIONATO DE AMES

O sábado 9 de Abril fomos invitados a participar no Campionato de Ames, en Bertamiráns. Entre os clubes asistentes estaban:
- Cluny, Club Escarabote, Karate Ames, A.D.do Coto, Bushi Kai, Teo, Inmaculada e Karate de Valga.
Os nosos competidores e competidoras esforzáronse, pero ás veces os nervios xogan malas pasadas. Non hai que desanimarse e tentaremos mellorar cada día.

Na categoría Benxamín Feminino hai que felicitar a Iciar Lorenzo que se fixo co 1º posto e a Alicia Iglesias co 2º (unhas campionas!)
En Infantil Feminino, Antía Varela acadou o 2º posto e na mesma categoría pero en Masculino, Eugenio Dios quedou no 3º posto.

lunes, 7 de marzo de 2011

Resultados

Os resultados publicados pola Federación:

KUMITE
XUVENIL FEMININO –43 KG.
                                                      COMPETIDOR
                           CLUB
Sara Couce Rúa
Renbu-Kan
Cristina Riveiros Insua
Santiago Apóstol
Ana Otero Losada
Karate de Valga 
Marta Gómez Vieites
A.D. O Coto


XIX TROFEO DE KARATE VILA DE NEGREIRA

O domingo 27 de Febreiro tivo lugar en Negreira o XIX campionato de Karate. En primeiro lugar dar a noraboa a todos e todas os/as participantes que o fixeron realmente moi ben ainda que o medalleiro non acompañou. Os clubes participantes foron:
- Asociación deportiva do Coto
- Squash Club Santiago
- Bispo Guerra
- Colegio Inmaculada
- Avalon Kai
- Club Karate de Valga

Na categoría de Kata, Alicia Iglesias Quintáns conseguíu o 1º posto na categoría Benxamín e Adrián Castiñeiras o 3º posto en Xuvenil-Cadete. En kumite, Ana Otero en Xuvenil Peso Lixeiro acadou o 3º posto e en Cadete Open, Adrián Castiñeiras e Iria Varela conseguiron o 3º posto.
Esperamos poder subir as fotos en pouco tempo (temos que familiarizarnos co formato)